Vigo al minuto

Traballadores de Freiremar esixen á Xunta, que concedeu subvencións á empresa, que se implique na súa situación

Os traballadores de Freiremar concentrouse este martes fronte ao edificio da Xunta en Vigo para denunciar que están afectados por un ERE de extinción e sen cobrar liquidación nin indemnizacións e para esixir a implicación do Goberno galego no conflito.

Segundo explicou o presidente do comité de empresa, os 104 empregados despedidos seguen sen atopar unha solución á súa situación, logo de que Freiremar non so lles debe as indemnizacións e a liquidación, senon varias nóminas, escudándose en que non hai cartos, ainda que seguen a balairar de mercadoría os almacéns de Vigo”.

David Puga confirmou que, ata o momento, se presentaron 47 denuncias individuais nos xulgados polos despedimentos, e se segue tramitando unha denuncia colectiva en representación dos máis de 300 operarios despedidos nas plantas de Freiremar en toda España.

Ademais, a CIG presentou un “contrainforme” sobre a situación da empresa, co que pretenden amosar que as negociacións para o ERE se fixeron “de mala fe” por parte da dirección, e poder así anular o mesmo.

Puga lembrou que a Xunta concedeu subvencións a Freiremar e lamentaron que o Goberno galego “non explique en qué condicións, nin asuma responsibilidade algunha sobre o que pasa na empresa”, algo que agardan que aclare o conselleiro de Economía, Francisco Conde, ao cal pedíronlle unha entrevista sen ter aínda resposta.

 

También te puede interesar