Vigo al minuto

O presidente do Comité de Empresa de Barreras estima en 1.200 os empregos directos que se crearán nos vindeiros meses

Barreras esta mañá/Tresyuno Comunicación

O presidente do Comité de Empresa de Barreras declarou este luns que “hoxe é un bo día para a empresa”, logo de que o coordinador de asesores de Pemex Carlos Roa, anunciase –no acto de entrada da Petroleira Mexicana no accionariado do asteleiro- que este ten o encargo de facer cinco barcos.

Sergio Gálvez, sinalou que «Pemex aposta por Barreras” e lembrou que a empresa leva xa 30 meses sen traballo e a plantilla en un ERE. O presidente do comité estima que entre finais de xaneiro e febreiro próximos, se podería iniciar a construción dun atunero encargado pola mexicana Procesa. Segundo Roa, a ese barco seguiríanlle un abastecedor para Diavaz, tres buques-tanque para Pemex, o flotel e outros tres barcos, as negociacións dos cales aínda non se pecharon.

Tendo en conta estas previsións, Gálvez adiantou que as bancadas de Barreiras poderán estar «cheas» en 9 meses e que entre o equipo do estaleiro e operarios das subcontratas que traballasen nas propias instalacións de Barreiras, podería chegarse a 1.200 persoas – preto de 4.000 traballadores “sumando talleres externos e outras auxiliares”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.