Comarcas

Lucía Pérez ateiga o Auditorio de As Neves na actuación estrela do ‘Nadal Cultural’

Lucía durante a súa actuación/Tresyuno Comunicación

Cheo absoluto no Auditorio Municipal Vázquez Portomeñe de As Neves no inicio do ‘Nadal Cultural’ que botou a andar este domingo coa actuación dunha das artistas máis queridas e coñecidas do país, Lucía Pérez.

Lucía (O Incio, Lugo 1985) – que ía a ler o pregón o pasado mes de xullo na Festa do Tin to das Rías Baixas, suspendido polo accidente de Angrois– é unha desas personas que mixtura encanto, talento e traballo. Natural, sorrinte e cercana, atendeu a vigoalminuto minutos antes de inciar a actuación, ao sol do Condado, entre as últimas probas de son e a última luz do día.

Vigo al Minuto.- Cómo é iso de chegar a casa e decir que queres dedicarte á música?…cómo o tomaron os teus país?

Lucía Pérez.– (risas)…a realidade e que non foi tan difícil…xa sabían por donde ia e qué quería facer…foi un proceso natural…nunca dixen que “voume dedicar á música”…sempre me apoiaron…estiven nas festas dos pobo, festivais xa dende os 14 anos…creo que xa o ‘temían’ (risas)…e sempre me apioaron

VAM.-…en serio foi así de fácil?…

LP.- …si, si…bueno eu xa estudiara maxisterio musical e pedagoxía…eso sempre o dixeron os meus país, que había que rematar uns estudos porque este mundo é moi inestable e difícil e sempre hai que ter esa base…é fundamental…

VAM.-…cómo é ese camiño, dende cativa, cantando en festivais en festas, ate que decides facer da música unha profesión?…

L.P.- …faise carreira musical cando tes as túas cancións…é máis doado o outro camiño, cando cantas temas doutros, versionando…eu creo que o primeriro é ter as túas cancións…logo gañei o concurso de Luar…que o premio era un trofeo sen máis (risas)…con 16 anos, e un músico de Ponteareas, Félix Cebreiro preguntoume “qué pensas de facer un disco?…teño a Chema Purón, que compuso para Paloma San Basilio…”…, bueno, eu cando me dixo isto…realmente foi un regalo dos meus país, para que me desquitase…eles pensaron, ao mellor, e eu tamén, que a cousa remataría no disco…pero foi tan ben que fixo que cada vez traballase cada vez máis…así empecei, co regalo do disco dos meus país a estar nesta profesión que agora é a miña…

VAM.-…e chega a oportunidade de Eurovisión…

L.P.- …eu creo que foi unha recompensa as todos eses anos…fíxate que dende aquel primeiro disco xa pasaron 11…o meu nome afianzouse moito…foi unha experiencia moi bonita, moi positiva para min e abriume portas, moito, sen dúbida…

VAM.-…e qué pasa logo de Eurovisión?…

L.P.-…logo dun ano moi intenso por todos os lados báixaste daquel escenario diante de milleiros de personas e queres cantar, seguir cantando, noutros escenarios, coma este de As Neves, igual de entregada, igual de feliz, coas mesmas gañas de facelo ben, de aprender, de atraer, de agradar, de emocionar…o importante é que sigo aquí, ese é o trunfo…

VAM.-…e qué fas logo daquelo…tómaste un descanso, pasas un ano sabático?…

L.P.- (risas), non, non…bueno, unha semana sí que estive desconectada de todo…pero nada máis, non paras, vas dunha cousa a outra e sen parar (risas)…

VAM.- é agora en qué andas a traballar?…

L.P.-…estou traballando no novo disco…que eu creo que vai estar en marzo…preto da primaveira…acabo de chegar de Panamá, de América…e pronto vamos a pecharnos a grabar…

VAM.- …imaxino que con cancións en galego?…

L.P.-….sí, sí, claro…da toda a miña discografía hai un disco íntegro en galego pero en todos os demáis sempre hai unha ou dúas cancións en galego…e neste vai ser así…mira, cando voi fora a xente dime “las canciones en gallego no las entendemos bien, pero nos llegan, porque las cantas con sentimiento” (risas).

A cantante lucense fixo que o público se movese durante toda súa actuación/Tresyuno Comunicación

Como era de esperar, a actuación, nun auditorio onde xa non había sitio nas butacas e moita xente tivo que seguila en pé, foi un éxito. Lucía quedouse co público dende o primeiro tema, facendo que movese os pes, que cantase, que batese as mans, que non acougase no asento durante o resto da tarde. Repasou á súa discografía, engadiu temas coñecidos por todos da canción popular galega e fíxolle un chisco ao novo pop, sen deixar que baixasen as emocións.

A programación do ‘Nadal Cultural’ de As Neves segue o xoves, día 19 e, no mesmo escenario do Auditorio Municipal, haberá unha dobre proposta: ‘Música, exercicio e saúde para as Festas do Nadal’ e un Concerto-Festival d@s Alumn@s da Escola Municipal de Música de As Neves.

O domingo, día 22, aqueles que tiveron sorte no Sorteo da Lotería, tamén os que non, non poden faltar, as 5 e media da tarde, á cita co ‘Concerto de Panxoliñas’, nas voces de dúas das máis importantes corais de Galicia, a ‘Coral Santa María, de Pazos de Borbén’ e a “Santa María de As Neves’.

 

 

También te puede interesar