Galicia

Dous mortos e 63 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 63 persoas debido a 50 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria galega, das que dúas faleceron.

A Central de Coordinación do 061 recibiu 58 chamadas en relación con accidentes de tráfico entre as 3 da tarde do venres e as 12 da noite deste domingo. O maior número de atencións por sinistros produciuse o sábado, con 19 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 66. Así, as ambulancias medicalizadas acudiron a dous sinistros; as asistenciais realizaron 58 saídas e as convencionais unha; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco accidentes.

En 54 casos os feridos foron levados aos centros hospitalarios correspondentes, dous a centros de Atención Primaria e cinco recibiron asistencia no lugar do sinistro sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto do accidente.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 58% e a de mulleres situouse no 42%, en canto ás idades dos feridos, un 34 % dos asistidos tiña entre os 30 e 44 anos.

Por provincias, Pontevedra, con 21 sinistros, foi a que rexistrou o maior número durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 20; Ourense, con cinco; e Lugo, con catro.

 

También te puede interesar