Galicia

Extinguidos os lumes de O Xurés e O Incio que queimaron 340 hectáreas

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, este venres quedaron extinguidos os incendios que afectaban a O Xurés, en Ourense, e a O Incio, en Lugo, logo de queimar preto de 340 hectáreas en total.

O primeiro deles, no concello ourensano de Muíños, na parroquia de Prado de Limia, e que se iniciou o martes pola tarde, quedou extinguido pasadas as 9 e meida da mañá de hoxe. Dacordo coas primeiras estimacións- ainda provisionais- o lume afectou a unha superficie de 300 hectáreas, das que 150 son arboladas e 150 de monte raso. Parte delas están dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Na extinción deste lume participaron 14 axentes forestais, 21 brigadas, 11 motobombas, dúas pas, un helicóptero e dous avións.

Pouco despois das 2 e media da madrugada quedou apagado o lume rexistrado no concello lucense de O Incio, na parroquia de Mao. A superficie afectada é de 39 hectáreas -30 de terreo arborado e nove de monte raso-.

Nos labores de extinción deste lume participaron un técnico, catro axentes forestais, catro brigadas, catro motobombas e un avión.

 

También te puede interesar