RGPD - Cookies
Galicia

A débeda pública galega reduciuse un 3% no terceiro trimestre ate os 9.106 millóns de euros

A débeda de Galicia baixou un 3,1% no terceiro trimestre, en relación ao trimestre anterior, ata situarse en 9.106 millóns de euros, unha cantidade que equivale ao 16,3% do Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade, segundo os datos publicados este venres polo Banco de España.

A débeda galega medrou de forma continuada dende o ano 2000 ata o primeiro trimestre deste ano, cando alcanzou a súa cifra máxima ao chegar a 9.525 millóns de euros. Non obstante, no segundo trimestre descendeu a 9.397 e, ao peche do terceiro trimestre, situouse en 9.106.

Dos 9.106 millóns de débeda, 5.451 son valores distintos de accións, todos eles a longo prazo; e 3.655 son empréstitos, dentro dos cales 1.997 millóns son con institucións financeiras residentes. Outros 1.275 millóns proceden do resto do mundo e 383 millóns proceden de asociacións público-privadas.

En canto ás empresas públicas, os datos do Banco de España rexistran 237 millóns de euros de débeda en Galicia, unha cantidade levemente inferior á do segundo trimestre, cando ascendía 240 millóns. Deste modo, a cifra equivale ao 0,4% do PIB galego.

 

También te puede interesar