105.936 galegos maiores de 65 viven sos, preto dun 12% máis que hai dez anos

105.936 fogares galegos, dos 1.059.233 que hai censados en total -o 10%- están formados por unha persoa soa de 65 anos ou máis, de acordo cos Censos de Poboación e Vivendas 2011 do Instituto Nacional de Estatística (INE), que amosa que este número se incrementou nun 11,6% dende 2001.

Case tres de cada catro maiores que viven sós son mulleres, posto que representan o 74% dos fogares formados por unha soa persoa de máis de 65 anos: en concreto, elas son en total 78.249 e os homes son 27.687.

Ademais, os fogares unipersonales incrementáronse un 33%, ata os 236.187, entre 2001 e 2011, de modo que representan xa o 22,3% do total de fogares censados.

En todo o Estado, hai 1,7 millóns de fogares -dun total de 18 millones- formados por unha persoa soa de 65 anos ou maior desa idade, unha cifra que aumentou un 25,8% nos últimos dez anos.

Ademais, do informe despréndese que tres de cada catro dos maiores de 65 anos que residen sós son mulleres. Así, o número de fogares formados só por unha muller de 65 anos ou máis ascende a 1,2 millóns, fronte aos 429.700 formados por homes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.