Galicia

Os alcaldes da comarca de Ferrol pedirán que os Orzamentos do Estado teñan unha partida para facer o dique flotante en Navantia

Os alcaldes e representantes de 13 concellos da bisbarra de Ferrol acordaron cos membros do Comité de Empresa de Navantia impulsar unha «unidade de acción encamiñada a lograr encargos para a construción naval” e, ao tempo, “demandar que os Presupostos Xerais do Estado inclúan financiamento para a construción do dique flotante que permita a reparación de grandes buques”.

Así acordouse nunha reunión no Concello ferrolano na que participaron os alcaldes dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, Ortigueira, Cerdido, Pontedeume, Mugardos, Valdoviño, A Capela, Cerdido, San Sadurniño e Cabanas, ademais de representantes de Neda.

En coincidencia co encontro, os traballadores do cadro de persoal de Navantia Ferrol e Fene concentráronse ante o Concello, na praza de Armas, onde colocaron unha pancarta coa frase ‘Nin dique nin flotel, as mentiras do PP, carga de traballo xa’. O próximo día 18 protagonizarán unha nova manifestación.

Segundo explicou o alcalde de Ferrol, o «popular» José Manuel Rey Varela, solicitarase que o presidente da Xunta reciba os traballadores antes do próximo día 18. Estes agardan que o presidente Feijóo informe, «antes dunha semana», sobre a situación das xestións realizadas ante a Unión Europea para a construción do dique flotante. Tamén solicitarán información sobre o concurso para o contrato dos floteles para Pemex, que a petroleira resolverá o 30 de decembro.

Alcaldes e traballadores acordaron impulsar o debate no Congreso da iniciativa que fora aprobada no Parlamento de Galicia o 3 de decembro e que recollía a “esixencia de carga de traballo, a oposición á perda de empregos e ao peche de centros, e o levantamento do veto á construción naval civil e as restricións actuáis”. Os representantes políticos comprometéronse a formular que, a través dunha emenda aos Presupostos Xerais do Estado, se dote de financiamento para a construción do dique flotante.

«Hai un responsable que é o PP, que ten maioría absoluta en Galicia e en Madrid», asegurou o voceiro do Comité de Empresa de Navantia Ferrol quen engadiu que se se aproba a consignación para o dique no Senado «non hai máis desculpa porque teñen a maioría».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.