Galicia

Activo un incendio que xa queimou 200 hectáreas no Parque Natural do Xurés

Á hora de redactar esta información, un incendio declarado no Parque Natural do Xurés, en Ourense, ven de arrasar xa 200 hectáreas e segue sen control.

Segundo a Consellería de Medio Rural, o lume empezou pasadas as 7 da tarde deste martes na parroquia de Prado de Limia, no concello de Muíños, na Baixa Limia, e está moi preto de Alvite e Reparade.

Nos traballos de extinción participan seis axentes forestais, nove brigadas e catro motobombas.

También te puede interesar