Vigo al minuto

O alcalde afirma que os cheques sociais empezarán a pagarse a 1.276 familias este mércores

Así o adiantou este martes o alcalde quen sinalou que este mesmo mércores comezarán a pagarse os cheques. As beneficiarias son, engadiu, 1.276 familias, en principio, que poderán pasar polo Concello a recoller o cheque, por valor de 1.700 € e indicou que hai outras 299 solictudes en estudo. A intención do concello é facer todos os pagamentos entre o que queda desta semana e a que ven.

Sobre a posibilidade de reeditar esta medida o ano que vén, Abel Caballero sinalou que deberá estudarse a dispoñibilidade presupostaria municipal, algo que, dacordo co que comentou hoxe é perfectamente posible. Sí, porque o alcalde informou de que o goberno local iniciou xa o procedemento para aprobar a inversión de 6 millóns de euros adicionais, procedentes do superávit de 2012, e sinalou que “se destinará a políticas que axuden a crear emprego”, aínda que, eso sí, non especificou exactamente a qué medidas referíase e por cal cuantía.

Caballero explicou que a Xunta de Goberno se reunirá en sesión extraordinaria para solicitar as propostas de todas as concellarías, coa idea de convocar un Pleno para a aprobación inicial da inversión, nos primeiros dez días de xaneiro.

Segundo o alcalde, o Goberno autorizará en próximos días a inversión e, con este procedemento, “premia” os municipios que tiveron bos resultados en 2012 ademais, adiantou que as contas locais  volverán ter superávit en 2013.

 

También te puede interesar