Vigo al minuto

O alcalde afirma que os cheques sociais empezarán a pagarse a 1.276 familias este mércores

Así o adiantou este martes o alcalde quen sinalou que este mesmo mércores comezarán a pagarse os cheques. As beneficiarias son, engadiu, 1.276 familias, en principio, que poderán pasar polo Concello a recoller o cheque, por valor de 1.700 € e indicou que hai outras 299 solictudes en estudo. A intención do concello é facer todos os pagamentos entre o que queda desta semana e a que ven.

Sobre a posibilidade de reeditar esta medida o ano que vén, Abel Caballero sinalou que deberá estudarse a dispoñibilidade presupostaria municipal, algo que, dacordo co que comentou hoxe é perfectamente posible. Sí, porque o alcalde informou de que o goberno local iniciou xa o procedemento para aprobar a inversión de 6 millóns de euros adicionais, procedentes do superávit de 2012, e sinalou que “se destinará a políticas que axuden a crear emprego”, aínda que, eso sí, non especificou exactamente a qué medidas referíase e por cal cuantía.

Caballero explicou que a Xunta de Goberno se reunirá en sesión extraordinaria para solicitar as propostas de todas as concellarías, coa idea de convocar un Pleno para a aprobación inicial da inversión, nos primeiros dez días de xaneiro.

Segundo o alcalde, o Goberno autorizará en próximos días a inversión e, con este procedemento, «premia» os municipios que tiveron bos resultados en 2012 ademais, adiantou que as contas locais  volverán ter superávit en 2013.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.