Galicia

Milleiros de personas saen á rúa en toda Galicia en defensa da sanidade pública

A manifestación de Vigo saiu ás 8 da tarde de diante do Xeral/Tresyuno Comunicación

Milleiros de personas responderon en toda Galicia á chamada dos sindicatos médicos, a CIG e a Plataforma SOS Sanidade Pública, e manifestaronse este martes, en toda Galicia, no que foi o acto final da folga convocada na sanidade galega- este luns e martes- en defensa dun servizo “público” e “universal” e contra os recortes.

Berrando lemas como ‘Feijóo, atende, a sanidade non se vende!’ou ‘Non, non, a privatización!’ atiende, la sanidad no se vende’ os manifestantes amosaron os seu rexeitamento aos “recortes en medios humanos”, sobre todo en persoal facultativo, que repercuten “negativamente na asistencia sanitaria”, tanto en centros de saúde como hospitais.

Ademáis esixiron a “inmediata paralización” de calquera intento de aplicación do copagamento en medicamentos hospitalarios, que consideran “un atentado contra o dereito á vida dos enfermos” e “unha ofensa á ética profesional” dos facultativos que os atenden.

Polo que atingue á folga os sindicatos convocantes cifraron o seu seguimento no 83,18% , mentres que a Consellería de Sanidade o reduce ao 21,85%.

Segundo os convocantes, o maior respaldo rexistrouse en Ourense, cun 86,75%, seguida de Pontevedra, co 82,66 %, A Coruña, co 81,66% e Lugo, co 81,6%.

Pola súa parte, a Consellería de Sanidade indica que, por estruturas organizativas de xestión integrada, o seguimento foi do 36,66% na de Ferrol; do 30,12% en Vigo; do 29,6% na de A Coruña; do 25,64% na de Pontevedra; do 15,28% en Ourense; do 12,64% en Lugo e do 11,9% en Santiago.    Ademais, nas entidades adscritas –fundacións e empresas públicas sanitarias– o seguimento, segundo precisou a Consellería de Sanidade, “foi dun 6,47%”.

 

También te puede interesar