RGPD - Cookies

Chaman a mobilizarse este martes «en defensa da sanidade pública e universal» e «contra os recortes»

Os sindicatos médicos, a CIG e a Plataforma SOS Sanidade Pública, chaman á cidadanía para que se sume ás manifestacións deste martes 10 de decembro en diversas localidades galegas, acto final da folga convocada na sanidade galega- este luns e martes- en defensa dun servizo «público» e «universal» e contra os recortes.

En Vigo a manifestación sairá ás 8 da tarde dende o Hospital Xeral e percorrerá as rúas do centro ata a Porta do Sol.

Na Coruña, a manifestación partirá, á mesma hora, da Casa do Mar e finalizará ante o Kiosko Alfonso, nos Xardíns de Méndez Núñez. Este mesmo martes tamén haberá unha concentración ás 11 da mañá na rotonda do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

Así mesmo, a partir das 8 a manifestación convocada en Santiago partirá da Praza Roxa; mentres que en Ferrol sairá ás 6 da tarde da Praza de España; en Ourense será ás 8 da tarde dendo o Pavillón dos Remedios; en Lugo, a esa hora, dende o edificio multiúsos da Xunta; e en Pontevedra na porta principal do Hospital Provincial.

Novas relacionadas: Segundo os convocantes o seguimento da folga é dun 83% que Sanidade rebaixa a un 21,8%

 

También te puede interesar