Segundo os convocantes, o seguimendo da folga na sanidade é dun 83% que a Xunta rebaixa a un 21,8%

Os sindicatos convocantes da folga na sanidade galega cifran no 83,18% o seguimento da primeira das dúas xornadas de paro convocadas esta semana en defensa do sistema público e contra os recortes, mentres que a Consellería de Sanidade o reduce ao 21,85%.

Segundo os convocantes, o maior respaldo rexistrouse en Ourense, cun 86,75%, seguida de Pontevedra, co 82,66 %, A Coruña, co 81,66% e Lugo, co 81,6%.

Pola súa parte, a Consellería de Sanidade indica que, por estruturas organizativas de xestión integrada, o seguimento foi do 36,66% na de Ferrol; do 30,12% en Vigo; do 29,6% na de A Coruña; do 25,64% na de Pontevedra; do 15,28% en Ourense; do 12,64% en Lugo e do 11,9% en Santiago. Ademais, nas entidades adscritas –fundacións e empresas públicas sanitarias– o seguimento, segundo precisou a Consellería de Sanidade, “foi dun 6,47%”.

Así mesmo, a Administración sanitaria destacou que “o grao de cumprimento” dos servizos mínimos durante esta xornada de folga en Galicia “foi do 100%“.

 

También te puede interesar