Segundo os convocantes, o seguimendo da folga na sanidade é dun 83% que a Xunta rebaixa a un 21,8%

Os sindicatos convocantes da folga na sanidade galega cifran no 83,18% o seguimento da primeira das dúas xornadas de paro convocadas esta semana en defensa do sistema público e contra os recortes, mentres que a Consellería de Sanidade o reduce ao 21,85%.

Segundo os convocantes, o maior respaldo rexistrouse en Ourense, cun 86,75%, seguida de Pontevedra, co 82,66 %, A Coruña, co 81,66% e Lugo, co 81,6%.

Pola súa parte, a Consellería de Sanidade indica que, por estruturas organizativas de xestión integrada, o seguimento foi do 36,66% na de Ferrol; do 30,12% en Vigo; do 29,6% na de A Coruña; do 25,64% na de Pontevedra; do 15,28% en Ourense; do 12,64% en Lugo e do 11,9% en Santiago. Ademais, nas entidades adscritas –fundacións e empresas públicas sanitarias– o seguimento, segundo precisou a Consellería de Sanidade, «foi dun 6,47%».

Así mesmo, a Administración sanitaria destacou que «o grao de cumprimento» dos servizos mínimos durante esta xornada de folga en Galicia «foi do 100%«.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.