Galicia

Nova folga de fame de ‘Ve-la luz’ como denuncia dos incumprimentos en materia de violencia de xénero

Oito integrantes da Asociación Galega de Mulleres e Menores Vítimas de Violencia de Xénero e Abusos ‘Ve-la luz’ iniciaron este luns un nova folga de fame, nun local da cidade de A Coruña, para denunciar “os incumprimentos” que, segundo denunciaron, se están a producir por parte das institucións en materia de violencia de xénero.

Representantes desta asociación xa secundaron o pasado mes de novembro unha folga de fame, que comezaron nesa ocasión 10 mulleres e á que puxeron fin o pasado día 14 despois de abandonar a protesta varias delas por problemas de saúde.

Agora, volven a tomar esta medida extrema para facer visible o “maltrato institucional” do que, aseguran, son obxecto as mulleres que, como elas, denuncian estes casos.

‘Ve-la luz’, que na primeira protesta logrou o compromiso de crear unha comisión de investigación no Parlamento de Galicia sobre a situación da violencia de xénero, alertan do “incumprimento dos proxectos non de lei, mocións, leis e protocolos que volveron converter a Galicia en exemplo da mala práctica política”.

A Asociación sinala o sobresemento como “represalia” das súas denuncias e as “dilacións e as indefensiones como unha mostra agravada do asañamento que é capaz de exercer o sistema xudicial e político contra os que se atreven a cuestionalo”.

“Queremos ver a saída que din que hai”, sinalan nun comunicado feito público coincidindo o inicio da folga de fame e en referencia á campaña institucional con motivo do Día contra a Violencia de Xénero ‘Hai saída, atrévete a denunciar’.

 

También te puede interesar