A Sanidade en Folga, este luns e o martes

Este luns e mañá, martes, días 9 e 10 de decembro, a Sanidade Pública Galega está en folga, convocada polas centrais sindicais para protestar polas medidas de recorte e nos medios humanos, ademais de para pedir a «inmediata paralización» da aplicación do copagamento en medicamentos.

Os convocantes salientan o seu rexeitamento aos «recortes en medios humanos», sobre todo en persoal facultativo, que repercuten «negativamente na asistencia sanitaria», tanto en centros de saúde como hospitais. Por iso, esixen a reedición da taxa de reposición e os contratos lixo.

Os sindicatos esixen, ademais, a «inmediata paralización» de calquera intento de aplicación do copagamento en medicamentos hospitalarios, que consideran «un atentado contra o dereito á vida dos enfermos» e «unha ofensa á ética profesional» dos facultativos que os atenden.

Outro dos puntos solicitados é a apertura dunha negociación sobre as áreas de xestión clínica para que «deixen de ser un instrumento para privatizar a sanidade pública». Tamén piden iniciar unha negociación para concretar o proceso de recuperación dos «dereitos laborais e retributivos» que perdeu o sector dos facultativos durante a crise.

A folga pecharase mañá cunha ‘Grande Marea Branca’ pola sanisade pública á que está convocado todo o persoal sanitario, traballadores de hospitais e centros de saúde e” a toda a sociedade en xeral”, e que levarase a cabo en 13 manifestacións e concentracións noutros tantos concellos galegos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.