RGPD - Cookies

Frío e sol a fin de semana

Durante o sábado Galicia continuará baixo a influencia das altas presións o cal traerá ceos pouco anubrados, con nubes altas que non impedirán o paso do sol.

Pola súa banda, as temperaturas mínimas continuarán sen cambios significativos, polo que volverá xear en zonas do interior; mentres que os valores máximos descenderán lixeiramente. Por cidades, a máxima a terán Vigo con 15º (mínima de 4) Pontevedra, as mínimas as sofrirán Ourense e Lugo, con 0º.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, o domingo, continuaremos baixo a influencia das altas presións. Deste xeito, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas do interior, que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral, somentes máis abundantes pola mañá no noroeste.

 

También te puede interesar