Comarcas

Imputados dous homes por causar, presuntamente, dous incendios forestais en Poio e As Neves

Lume en As Neves/Fotografía: Clara Méndez

A Policía Autonómica ven de denunciar a dous homes coma presuntos autores de dous lumes forestais ocorridos nos concellos de Poio e As Neves. O primeiro foi denunciado polo incendio do pasado día 29 en Poia lgo dunha queima “na que non se tomaron as medidas de prevención axeitadas”.

Por ese motivo, arderon 1.500 metros cadrados de superficie e o requiriuse a intervención do Servizo de Loita contra Incendios.

Doutra banda, os policías da equipa de investigación de incendios da Xefatura de Vigo denunciaron a outro home polo incendio de As Neves que arrasou máis de 1.400 metros cadrados de monte.

No que vai de ano, a Policía Autonómica detivo xa a 111 personas coma presuntos autores de distintos incendios forestais en toda Galicia.

 

También te puede interesar