Vigo al minuto

Vai cos Reis Magos na ‘Cabalgata’

O Concello convoca un ano máis o concurso «Vente cos Reis Magos», que ten por obxecto seleccionar a 40 nenas e nenos para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis, que terá lugar o domingo 5 de xaneiro.

Neste concurso poderán participar todas as nenas e nenos da cidade que o desexen coa única limitación, por motivos de seguridade, da idade xa que só poderán optar aqueles nacidos entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2005, ambos inclusive.

Para participar só será necesario cubrir o boletín de inscrición que poderán recoller na oficina de Información da Lonxa da Casa do Concello. As inscricións poderán depositarse nas caixas de correos do Carteiro Real, que se instalarán na citada Lonxa e nos centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns.

O prazo de inscrición comeza hoxe, día 2 de decembro e rematará ás 8 da tarde do 17 de decembro. O sorteo realizarase na Casa do Concello o luns 23 de decembro, ás 12.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.