Galicia

Un morto e 77 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 77 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 29 de novembro, e as 12 da noite de este luns, día 2. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 67 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 77 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55 e do 45% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 51% dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 26 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 60 ocasións, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro sinistros. As ambulancias convencionais se mobilizaron en dúas ocasións.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, nunha ocasión foron trasladados aos centros de atención primaria e en seis casos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do incidente.

 

También te puede interesar