RGPD - Cookies
Galicia

A morte de cinco traballadores en Galicia en outubro dispara un 8,5% a siniestralidade laboral

Os accidentes en xornada laboral rexistrados en Galicia en outubro deste ano aumentaron un 8,55%. Neste mes rexistráronse un total de 2.527 accidentes fronte aos 2.328 accidentes rexistrados no mesmo mes de 2012. Deles, 2.472 foron accidentes leves, 50 graves e 5 mortais.

No mes de outubro, o maior incremento de accidente laborais o lidera a industria nun 21,44%; seguido polos servizos cun aumento do 8,95% e a agricultura, con preto dun 5,5% máis; pola contra baixan na pesca un 20,28% e na construción, preto dun 3,5%.

A sinestralidade laboral diminuíu un 5,47% nos 10 primeiros meses do ano, cun total de 18.854 accidentes laborais fronte aos 19.946 no mesmo período do ano 2012. Este descenso dos accidentes laborais no que vai de ano produciuse en todas as provincias. O descenso o lidera Pontevedra (-7,3%), seguido de A Coruña (-6,13%), Ourense (-1,37%) e Lugo (-0,59%).

O indice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia aumentou un 7,46% en outubro deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Agás na pesca que diminuíu nun 16,82%, houbo aumento nos demais sectores: nos servizos nun 4,70%; na construción nun 5,84%; na agricultura nun 9,97%; e na industria nun 27,27%.

 

También te puede interesar