RGPD - Cookies

A Diputación aproba uns orzamentos de 146 millóns, con 93,4 para investimentos nos concellos

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres, cos votos a favor do Partido Popular e o rexeitamento de PSdeG e BNG, os presupostos da institución para 2014, que contemplan 93,4 millóns de euros para investimentos nos concellos da provincia.

A citada cantidade analízase en dous grandes capítulos. Por unha parte, os investimentos xestionados para concellos procedentes da incorporación de remanentes da institución provincial supoñen 51,7 millóns. E por outra, a cantidade procedente de gastos correntes para municipios, investimentos e transferencias supoñen a cantidade de 41,7 millóns.

Nos investimentos derivados da incorporación de remanentes, destacan 12,4 millóns para estradas provinciais, 9,7 para o Plan de Investimentos, 11,5 para desenvolver os proxectos municipais de DepoGap e DepoTic (a implantación da Administración Electrónica), 12,8 millóns para o Plan de Obras e Servizos Municipais e 4,9 para instalacións deportivas e recreativas.

O total do orzamento da Deputación de Pontevedra para o ano 2014 será de 145,9 millóns de euros, isto son 2,5 millóns menos que o ano pasado.

O grupo provincial do BNG solicitou que o presuposto recupere o convenio co Concello de Vigo e o PSdeG centrou o seu discurso en criticar «a falta de transparencia» nos criterios de contratación dalgúns plans de emprego da Deputación.

 

También te puede interesar