Vigo al minuto

Freiremar, solución

Traballador@s de Freiremar, este xoves pola mañá na nave de Bouzas/Tresyuno Comunicación

Centos de personas, a meirande parte traballadores de Freiremar e familiares, manifestáronse este xoves en Vigo contra o despedimento de 101 dos 115 membros da plantilla da empresa por medio dun Expediente de Regulación de Emprego extintivo.

En opinión do Comité de Empresa este ERE é nulo xa que contén numerosas irregularidades na  tramitación e,”foi negociado de mala fe pola empresa “, non so porque relizou os despedimentos coa mínima indemnización legal, senón que non presentou un proxecto alternativo nin formulou medidas menos radicais e perxudicais para os empregados.

Na actualidade, a Confederación Intersindical Galega (CIG) está traballando na elaboración dun “contrainforme económico”, que agarda ter rematado antes de finais de ano, “nel amósase que Freiremar é viable” que “as plantas de Vigo tiñan perspectivas de traballo” e que, cando a situación económica empeorou hai meses, “a empresa non tomou medidas correctoras para evitar chegar aos despedimentos”.

A CIG subliña que a actuación dos directivos da firma estivo encamiñada ao “desmantelamento das plantas de traballo, para salvagardar unha única parte da súa actividade: a flota pesqueira”, ademáis, reitera que, ainda que no caso de que os despedimentos fosen definitivos, Freiremar ten uns activos que superan “con moito” a débeda de 180 millóns de euros presentada pola empresa.

O representante dos traballadores calificou de “vergoñenta” a situación na que deixou a empresa á plantilla e cualificou de “mentira” que non haxa liquidez para pagar as liquidacións –e as nóminas atrasadas– como asegura a dirección.

Por iso, os traballadores seguirán concentrándose nas instalacións de Freiremar en Bouzas, onde están os almacéns frigoríficos e a área de elaboración, “para impedir que se saque mercadoría ou maquinaria, de feito, nos últimos días impedimos a saída de camións con pedidos”, ainda que “sabemos que pretenden descargar materia prima noutras naves, coma a de Frigalsa”.

 

También te puede interesar