Vigo al minuto

A Xunta aproba destinar 65.000 € a colectivos de mulleres de Vigo

A Secretaría Xeral de Igualdade concedeu a 15 colectivos de mulleres e asociacións de nais e pais de alumnos (Anpas) preto de 65.000 € para fomentar a participación das mulleres e “promover actividades extraescolares que permitan a conciliación da vida familiar e laboral”.

Así trasladouno a delegada territorial da Xunta en Vigo durante unha visita a un dos colectivos beneficiados cunha das axudas, a ‘Asociación Faraxa’, unha organización que conta, ademais, cun convenio de colaboración coa Administración galega para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e trata con fins de explotación sexual.

Con estas axudas, informou, pretenden financiar actividades e contribuír ao funcionamento das asociacións de mulleres e que as Anpas poidan organizar actividades relacionadas coa promoción e fomento da igualdade.

Desta forma, tal e como indicou o departamento de Igualdade, Vigo recibiu en 2013 ao redor de 400.000 € destinados ao fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

 

También te puede interesar