Sucesos

Detidos 5 membros de Stop Desafiuzamentos cando tentaban impedir o desaloxo dunha muller en A Coruña

Cinco membros de Stop Desafiuzamentos Coruña foron detidos-denunciados por ‘resistencia á autoridade’- este mércores logo de tentar impedir o intento de desafiuzamento dunha muller da súa vivenda no barrio de O Castrillón,

Os cinco activistas acompañaban á muller na vivenda no momento do desaloxo, o mesmo que a súa sobriña, que tamén foi detida.

O desafiuzamento de Elisabeth Sanlés, nai de tres fillos, polo non pagamento do aluguer dende hai un ano, estaba fixado para as 10 da mañá e diante da súa vivenda concentráronse uns 30 membros da plataforma Stop Desafiuzamentos, xunto con concelleiros do BNG de A Coruña, para evitar o lanzamento.

Finalmente, ante o “desproporcionado despliegue policial” con máis de 10 furgóns –un dispositivo menor do que se mobiliza con ocasión dunha visita do presidente do Goberno- que cercaban a zona, os membros da plataforma non poideron achegarse, agás os que xa estaban na casa acompañando a Elisabeth.

 

 

También te puede interesar