'Qué te cuentas?'

Agustín Baamonde, deputado do PP a un parlamentario de AGE, “Ayatolah, non me toques a pirola”

Esa foi a frase que empregou o deputado popular Agustín Baamonde en resposta ao deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Juan Fajardo, cando acusou ao goberno galego de manipular a información– durante unha propisoción non de lei presentada pola Bloque para dotar os traballadores da CRTVG dun estatuto profesional-.

Baamonde ofreceu, durante o Pleno do Parlamento de Galicia –non nun garito, nin nunha taberna- que esa última palabra malsoante podería substituirse por “moviola”. Mentres, o voceiro do Bloque, Francisco Jorquera, se persignaba…eso mesmo, presignabase, no seu escano.

Fajardo comezou recriminar a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, que non advertise ao seu compañeiro de filas, ao que ela replicou recordándolle que xa fora apercibido dúas veces de expulsión do pleno…e, de seguido, o deputado de AGE saiu do hemiciclo decíndolle aos parlamentarios populares que a el só lle tocaría quen el quixese.

O que non que non quedou claro é si a próxima ocasión na que ao deputado popular non lle guste algo que se diga no Parlamento botará mán doutro tema lexendario de ‘Siniestro’: ‘es que me pica un huevo’.

 

También te puede interesar