RGPD - Cookies
Vigo al día

PSOE e PP votan no Pleno do Concello en contra da paralización de ‘Porto Cabral’

So os tres concelleiros do BNG apoiaron este luns, no Pleno do Concello, a súa moción de paralizar o proxecto de ‘Porto Cabral’, despois de que o PSOE e o PP votasen contra a mesma. Os nacionalistas pedía, ademáis, como indicou a súa voceira, Iolanda Veloso, impulsar plans de apoio ao pequeno e mediano comercio local.

O Bloque reclamaba, ademáis, que a Corporación instase á Xunta a promover unha moratoria na implantación de grandes superficies comerciais, e que se elabore un plan sectorial de equipamentos comerciais en Galicia.

A concelleira de Urbanismo e tenente de alcalde, Carmela Silva, criticou duramente a postura do BNG lembrando que o ámbito de Liñeiriños, onde se pretende desenvolver Porto Cabral, foi aprobado polos propios nacionalistas aos que acusou de ter «interese» en que esa inversión se vaia a outros puntos da provincia.

Silva salientou que o goberno local actuará en cumprimento da lei, é dicir, segundo o que marca o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), e que un cambio no ámbito, suporía a revisión de todo o plan urbanístico. «Aquí non caben demagoxias e falsidades», apuntou , e repetiu que o Plan Xeral recolle a posibilidade de implantar en Liñeiriños un «grande centro comcercial rexional».

 

También te puede interesar