Comarcas

O alcalde de As Neves suspende o Pleno logo de que “3 ou 4” Afectados polas Preferentes pedisen a palabra

Pleno de As Neves (arquivo)/Tresyuno Comunicación

O alcalde de As Neves suspendeu o Pleno, convocado para este luns pola maña, logo de que varios afectados polas Preferentes, “3 ou 4”, segundo indicou o propio Raúl Emilio Castro, tentasen tomar a palabra ao principio da reunión da Corporación para pedir, de novo, o apoio do Concello á súas demandas e o compromiso de que haberá unha representación do mesmo na manifestación convocada en Compostela os vindeiros días.

Segundo o alcalde, non houbo actitude violenta algunha por parte dos afectados que, ao inicio da reunión pediron tomar a palabra, ao que Castro replicou que non e que a postura do goberno local era ben coñecida e que, como xa indicara noutras ocasións.

Pola súa banda, os concelleiros da oposición aseguraron estar completamente “pasmados” ante a decisión do alcalde, máis aínda cando “non se produciu ningún problema de orde público”, nin había un número grande de afectados, “os mesmos dirixíronse, en todo momento , ao Pleno de xeito correcto” e, “nin siquera houbo intención algunha de suspender o mesmo”.

Á mesma hora, na xuntanza da corporación de Salvaterra, representantes da Plataforma de Afectados do Val Miñor, pediron ao seu alcalde, Arturo Grandal, que incluise na orde do día unha moción para que o Fondo de Ordenación Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) paralizase a venda de Novagalicia Banco mentres non se pague a todos os aforradores e, como en As Neves, solicitaron o apoio do Concello ás súas demandas e á manifestación de Santiago.

 

También te puede interesar