Vigo al minuto

Acusan a un mando policial da actuación dos Antidisturbios na manifestación contra a Lomce en Vigo

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a Confederación Española da Policía (CEP) culpou a un mando policial da UIP (Unidades de Intervención Policial) das feridas ocasionadas a cinco axentes antidisturbios pola súa ‘deficiente xestión’ durante os incidentes que se produciron este mércores en Vigo na manifestación contra a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce).

«Os policías víronse abocados a cumprir unhas ordes incoherentes e imprecisas, cando non inexistentes as cales emanaban dun responsable do dispositivo que, chegado o momento dos disturbios, eludiu toda responsabilidade, abandonando aos seus homes á súa sorte», di o comunicado emitido polo Comité Rexional de Galicia da CEP.

A Confederación de Policía acusa a este responsable policial de incorrer «nun acto de completa ineptitude e desparecer do mapa privando aos seus policías dun obxectivo punto de vista externo e dunha axeitada coordinación».

A CEP engade que “o que debía ser unha sinxela e rápida intervención converteuse nunha actuación lamentable, achacable en exclusiva a este mando policial, na que os funcionarios se limitaron a repelar unha e outra vez unha serie de agresións sen saber onde nin cando lles caían as pedradas», insiste a nota.

Esta organización informa de que remitiu á Xefatura Superior de Policía de Galicia un escrito no que piden explicacións acerca de o sucedido.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.