RGPD - Cookies
Vigo al día

@s estudantes salen, de novo, á rúa en defensa do ensino público en contra a ‘Lei Wert’

A manifestación de Vigo subindo pola Gran Vía/Tresyuno Comunciación

Milleiros de estudantes [email protected] atenderon este mércores á convocatoria á folga contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) – que se fai coincidindo coa súa votación no Senado-. Ao mediodía, en toda Galicia, saían manifestacións –como a de Vigo que empezou diante do Santa Irene– sumándose, deste xeito, ao día de protestas, en todo o Estado, contra a ‘Lei Wert’.

O Sindicato de Estudantes fixo o chamamento á folga ao alumnado de todas as etapas educativas co fin de “denunciar xa non só a aprobación da reforma educativa, senón os recortes en materia de Educación, incluídos os aplicados sobre as bolsas Erasmus” e a retirada, ademáis do decreto de bolsas e o decreto de comedores da Xunta, e “rexeitar a obrigatoriedade da relixión católica no ensino público”.

A manifestación saiu do Santa Irene pasado o mediodía/Tresyuno Comunicación

E así o entenderon [email protected] e [email protected], moitos dos cales se sumaron ao paro e ás manifestacións nas que poideron escoitarse berros contra o Executivo –“esto nos pasa cun un Goberno facha!”, contra o ministro de Educación, “Wert, cabrón traballa de peón!”, contra os recortes no ensino e a financiación das entidades financieiras, “sí que hai cartos, están nos putos bancos!”, contra a corrupción, “O Urdangarín a traballar ao Burger King o Marichalar a traballar ao Pizza Hut!”, contra o PP, “ilegalizar o Partido Popular!” e contra os colexios privados, “públicos somos, públicos seremos, pola privada nunca pasaremos!”.

Cabeceira da manifestación/Tresyuno Comunicación

Os manifestantes, como fixeran o pasado día 24 de outubro, esixiron a retirada inmediata da Lomce, deixar de desviar cartos públicos ao ensino privado, respecto ao dereito a estudar en galego, a readmisión dos 50.000 [email protected] [email protected] e a devolución dos 6.000 millóns que se recortaron da escola pública ao tempo que rexeitaron os ‘contratos lixo’ e as prácticas en empresas, sen remunerar.

Polo que atingue ao seguimento do paro, o Sindicato de Estudantes sinalou que o mesmo é dun 80% no ensino medio, en toda Galicia, e preto do 60% na universidade, datos que non foron contestados pola Consellería de Educaión que limitouse a sinalar que non está facendo un seguimento do mesmo e que, ao mediodía, non tiña coñecemento de incidencia algunha.

 

También te puede interesar