Traballadores de Navantia cortan a Autopista con rodas ardendo para esixir carga de traballo

Rodas ardendo no medio da estrada da AP-9 en sentido Ferrol e Coruña e berros de ‘Imos tumbar a este goberno!’ marcan a primeira xornada de protesta de máis de 2.000 traballadores de Navantia e as súas empresdas auxiliares. Os empregados do asteleiro esixen carga de traballo á vista de que o mes que ven rematan o último encargo, o LHD Adelaide para a Armada de Australia e non hai ningún pedido máis en carteira.

A mobilización dos traballadores iniciose pasdas as 10 da mañá no propio asteleiro de onde sairon levando espantallos que representaban aos presidentes da Xunta e de Navantia, ademáis do alcalde de Ferrol aos que culpan da situación da empresa e da perda do contrato de catro gaseros para Repsol e Gas Natural que, finalmente será adxudicado a empresas de coreanas e xaponesas.

Os traballadores, que calificaron aos responsables da Xunta, do Goberno central e do concello ferrolán de “sinvergonzas”, esixiron que se cumpra “dunha puta vez” o que “nos dixeron do encargo de Pemex, que parece outra mentira máis para gañar as elecións e que vai que dar en nada, porque os asteleiros galegos son so un dos dez ou doce que se presentan para contruilos”.

De non ser así, advirten, aos preto de 3.000 empregos que xa se perderon na comarca sumaranse outros tantos “os que ainda quedan en Navantia e os de as cento de empresas auxiliares ás que estes desgraciados van a deixar morrer sen facer nada”.

As mobilizacións seguirán este mércores, día 20, coincidindo coa folga de ensino; o 26 diante do Parlamento de Galicia; o 28 cun peche ate as 6 da tarde, logo de asistir ao Pleno do Concello de Ferrol; o 1 de decembro, día no que está convocada unha Manifestación Cidadá e o 5, con aseamb leas en todos os centros de traballo afectados pola falla de traballo.

 

También te puede interesar