RGPD - Cookies
Galicia

O Sergas empezará a aplicar o copagamento dos fármacos hospitalarios «a principio de 2014»

Unha pintada de hai anos, no Xeral/Tresyuno Comunicación

A xerente do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) adiantou este luns que o ‘copagamento’ de fármacos hospitalarios empezará a aplicarse en Galicia a principios do ano que ven e xustificou a medida sublimando que a Xunta cumpre a lei e, por iso fará o que ordena o Real decreto do Goberno.

Durante unha rolda de prensa para presentar os resultados dos indicadores de calidade e seguridade do Sergas, a preguntas dos xornalistas sobre a manifestación de onte en Santiago contra o copago, Nieves Domínguez reiterou que a obrigación do paciente de pagar os medicamentos está no Real Decreto e que “non hai novidade” ao tempo que repetiu que “o Sergas cumpre a lei e traballa para poder poñelo en funcionamento cando sexa posible».

Dominguez engadiu que este pago “está nos topes» que se aplican aos usuarios do Sergas e asegurou que non terán que pagar nin os pacientes hospitalizados, nin os que xa quedaban exentos polas súas condicións económicas, como os parados de longa duración.

 

También te puede interesar