Vigo al minuto

Detidos 8 delincuentes e desartellada unha organización que quería introducir 60 quilos de ‘coca’ polo Porto de Vigo

Fotografía: Policía Nacional

Axentes da Policía Nacional, en cooperación coa Xendarmaría Nacional de Arxentina, desarticularon unha organización que pretendía introducir en España 60 quilos de cocaína disolta en bidóns de biodiésel.

Os corpo de seguridade español detivo- ao mesmo tempo que se facía o mesmo en Arxentina- a oito integrantes do grupo que comprou dúas naves industriais, unha en Gondomar e outra no concello ourensán de Tamallancos, para ocultar os 12 bidóns Entre os arrestados en España atópase o administrador e representante legal dunha empresa importadora do biodiesel.

Segundo información policiais, a investigación iniciouse o pasado mes de xullo cando a Unidade de Operacións Especiais antidroga de Argentina tivo coñecemento da existencia dun grupo de narcotraficantes que estaban a planear transportar ata o Porto de Vigo cocaína diluída en biodiésel.

Os axentes comprobaron a existencia dunha infraestrutura empresarial e material en Galicia descubriron que os responsables do envío se desprazaran a España para concretar o traslado da droga a Galicia e adquiriran as devanditas naves nas que pensaban ocultar os bidóns co estupefaciente.

Rematada a investigación, estableceuse un dispositivo no que se interceptou un colector cos doce bidóns e realizáronse as detencións : en Arxentina arrestouse tres persoas, dous de nacionalidade arxentina e outra colombiana, e efectuáronse cinco rexistros en Bos Aires e Santa Fe, mentras que en Galicia a Policía arrestou a cinco persoas e practicáronse tres rexistros onde se interveu numerosa documentación.

 

También te puede interesar