Comarcas

Convocada folga xeral no Servizo Galego de Saúde os días 8,9 e 10 de decembro

Varios sindicatos, encabezados por CIG-Saúde rexistraron este luns unha convocatoria de folga xeral no Servizo Galego de Saúde (Sergas) e chamaron á cidadanía a sumarse á protesta contra a “privatización, os copagamentos e os recortes laborais e salariais na sanidade pública” que , salientaron “poñen en perigo a súa continuidade e poden conducir á súa desaparición”.

A folga desenvolverase os días 8, 9 e 10 de decembro de 2013, iniciándose ás 10 da noite do día 8 de decembro e finalizando á mesma hora o día 10.

A secretaria nacional de CIG-Saúde defendeu que, aínda existindo cuestións de carácter laboral na convocatoria, a “maioría das razóns polas que se convoca a folga xeral son de carácter social” fronte á política de “privatización” emprendida pola Xunta e o Goberno do Estado.

María Xosé Abuín denunciou a “implantación das medidas de repagamento” e os pasos dados cara á “privatización” por parte das dúas administración e sibliñou a necesidade de que a sociedade se sume a unha folga contra decisións que “poñen en risco” a sanidade.

 

También te puede interesar