Comarcas

Convocada folga xeral no Servizo Galego de Saúde os días 8,9 e 10 de decembro

Varios sindicatos, encabezados por CIG-Saúde rexistraron este luns unha convocatoria de folga xeral no Servizo Galego de Saúde (Sergas) e chamaron á cidadanía a sumarse á protesta contra a «privatización, os copagamentos e os recortes laborais e salariais na sanidade pública” que , salientaron «poñen en perigo a súa continuidade e poden conducir á súa desaparición».

A folga desenvolverase os días 8, 9 e 10 de decembro de 2013, iniciándose ás 10 da noite do día 8 de decembro e finalizando á mesma hora o día 10.

A secretaria nacional de CIG-Saúde defendeu que, aínda existindo cuestións de carácter laboral na convocatoria, a «maioría das razóns polas que se convoca a folga xeral son de carácter social» fronte á política de «privatización» emprendida pola Xunta e o Goberno do Estado.

María Xosé Abuín denunciou a “implantación das medidas de repagamento» e os pasos dados cara á «privatización» por parte das dúas administración e sibliñou a necesidade de que a sociedade se sume a unha folga contra decisións que «poñen en risco» a sanidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.