Vigo al minuto

Este domingo tes unha cita coa ‘Festa do Cabazo’ en Cabral

O encontró, organizado pola Asociación Cultural ‘O Cotocelébrase, como cada ano no Colexio Carballal, en Cabral, dende as 11 e media da mañá e, nesta ocasión cun invitado moi destacado, o presidente de la Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, que será quen lea o pregón.

Antes, haberá unha actuación de grupos de gaitas e pandereteiras, que volverán ás 5 da tarde, logo da apertura da mostra de artesanía e a inauguración dunha exposición sobre a historia desta festa que se celebra dende 1984.

Durante todo o día haberá degustaciín de todo tipo de pratos feitos con cabazo, o centro desta festa que naceu co obxectivo de recuperar o seu cultivo na parroquia e, ademáis, recuperar, recoller e seguir adiante cunha tradición de cociñar tendo coma base o cabazo.

Por iso, todos os pratos que se sirven e que podedes probar se os achegades a Cabral, están feitos de xeiro artesanal, grazas a colaboración de ducias de voluntarios – máis de sesenta- que fan posible que esta festa sexa xa unha cita obrigada no outono vigués.

 

También te puede interesar