Galicia

A conselleira de Sanidade afirma que hai que axustar o número de empregad@s do Sergas á realidade

Iso asegurou a Rocío Mosquera durante unha entrevista concedida a Correo TV,se hai menos nenos, ao mellor non necesitamos tantos pediatras e si máis xeriatras ou máis internistas”, defendeu a conselleira.

Mosquera salientou que o xeito de garantir a mellor asistencia aos pacientes é adaptar os equipos do Servizo Galego de Saúde ás necesidades de cada un dos concellos galegos e mediante o uso das novas tecnoloxías e, salientou, “a sanidade necesita cambios para ser solvente, viable e para que poida manter o magnífico nivel de calidade que se ten na actualidade”.

A responsable de Sanidade calificou de “demagóxica” a postura dos que critican o copagamento de fármacos de dispensa hospitalaria,e amosou que “se“poden buscar fórmulas en colaboración cos concellos para axudar aos cidadáns nunha situación extrema que non poidan pagar o que lles correspondería polos fármacos que necesita”.

Pola súa banda, defendeu a implantación do chamado céntimo sanitario como unha “aposta clara da Xunta para conseguir que a sanidade pública conte cun presuposto adaptado ás súas necesidades”. Neste extremo, afirmou que “aínda queda marxe para aforrar”, e indicou que  “aínda se gasta un euro por receita máis que o Sistema Nacional de Saúde” e adiantou que se traballa cos médicos de atención primaria para que fagan unha prescrición máis eficiente.

Polo que atingue ás listas de espera, Rocío Mosquera admitiu dificultades coas cifras que se rexistran en Vigo, aínda que destacou que as patoloxías máis graves estean en torno aos 16 días de demora, por debaixo dos 30 días fixados como máximo.

 

También te puede interesar