RGPD - Cookies
Galicia

Primeiro contacto cordial, pero sen acordo algún, entre Feijóo e Besteiro

José Ramón Gómez Besteiro e Alberto Núñez Feijóo, este venres en Compostela/ Foto: Xunta Galicia

Unha reunión “cordial” na que non se pecharon acordos. As dúas horas que o novo secretario xeral do PSdG e o presidente da Xunta pasaron xuntos este venres serviron para falar de distintos asuntos, pero non deixaron ‘tratos’ inmediatos.

Alberto Núñez Feijóo e José Ramón Gómez Besteiro, sí se declararon dispostos a estudar a redución de deputados no Parlamento de Galicia – sempre que o acordo teña o respaldo de toda a cámara e, por parte dos socialistas, no marco dunha reforma en profundidade da Lei Electoral.

Tamén achegaron posturas polo que se refire á Lei do Chan, a lo menos para que se reactive a comisión parlamentaria que consensúe un novo texto con vistas a aprobarse o ano que ven.

Non houbo nen achegamento no punto máis importante, a creación de emprego e a reactivación socioeconómica, ainda que o secretario xeral amosouse disposto a respandar ao presidente nas súas viaxes ao exterior de Galicia, por exemplo, nas negociacións para o novo sistema de financiamento autonómico ou da Política Agraria Común.

 

También te puede interesar