Vigo al minuto

O ministro de Economía asegura que Novagalicia Banco estará vendido nun mes

O ministro de Economía dixo este venres que o Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB) abrirá o martes o proceso de ofertas vinculantes para a venda de Novagalicia Banco e que espera que a decisión sobre a adxudicación se adopte nun prazo máximo dun mes.

“O martes hai reunión da xunta do FROB e ábrese xa o proceso de ofertas vinculantes”, explicou Luis de Guindos en rolda de prensa durante a reunión do Ecofin. “Cremos que vai haber bastantes ofertas vinculantes ao respecto e nun prazo de tres catro semanas o FROB tomará unha decisión da quen se adxudica Novagalicia”, sinalou o ministro de Economía.

Guindos subliñou, ademais que o FROB non recibiu ningunha queixa de fondos de investimento sobre o procedemento de venda do Novagalicia Banco.

 

También te puede interesar