RGPD - Cookies
Galicia

Nunca Máis convoca, este venres, concentracións en toda Galicia contra a sentenza do ‘Prestige’

Nunca Máis ven de convocar para este venres, día 15, concentracións en toda Galicia para amosar a “indignación da ciudadanía” contra a sentenza da audiencia Provincial de A Coruña, que non atopou responsables da traxedia do ‘Prestige’ a ningún dos acusadoso capitán de barco, Apostolos Mangouras, o xefe de máquinas, Nikoalos Argyropoulos, e o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors-, nen sinala a responsabilidade da armadora, nen do Estado español e, nin siquera fixa indemnización algunha polo verquido de chapapote nas costas galegas hai 11 anos.

‘Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras Nunca Máis’ é o lema que destas concentracións, segundo un comunicado de Nunca Máis no que se sinala que as protestas serán en todas as cidades galegas- ás 8 da tarde (en Vigo será no MARCO)– ademáis de naulgunhas cabeceiras de comarca.

Nunca Máis  advirte que “con esta sentenza os políticos que tomaron as decisións de alonxar o petroleiro da costa están avalados para, se se dese outra situación semellante facer o que fixeros, e dicir: mentir, manipular e seguir sendo incompetentes”.

A plataforma sostén que non poden quedar calados, adianta que recurrirá ao Tribunal Supremo e garante que “a todo porquiño chégalle o seu San Martiño”.

 

También te puede interesar