RGPD - Cookies

Milleiros de personas saén á rúa para protestar contra a sentenza do ‘Prestige’

Concentración de Nunca Máis en Vigo

Milleiros de personas sairon á rúa en toda Galicia, atendendo o chamamento de ‘Nunca Máis’, para amosar o seu rexeitamento contra a sentenza sobre a catástrofe do ‘Prestige’ que, finalmente, non condenou a ninguén polo desastre ecolóxico ocorrido hai 11 anos.

Baixo o lema ‘Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras Nunca Máis’, as sete cidades galegas e varias cabeceiras comarcais de todo o país acolleron concentracións nas que os asistentes berraron en contra da impunidade dos responsables do verquido de máis de 67.000 toneladas de chapapote a máis dun milleiro de praias galegas,e da marea negra que chegou a Asturias, Cantabria e Francia.

En todas as concentracións leuso o mesmo manifestó no que se advertiu que Nunca Máis volve ás rúas e retoma as mobilizacións para amosar a “indignación de todo este pobo” e esixir que se faga xustiza polo desastre mediambiental máis importante da historia europea.

 

También te puede interesar