RGPD - Cookies

Dende este venres, frío e choiva

Este venres Galicia quedará situada entre o anticiclón centrado no noroeste, e un área de inestabilidade que se forma no leste peninsular, eso deixará ceos parcialmente cubertos, con máis nubes na metade norte onde haberá chuvascos, máis frecuentes a partir do mediodía.

Según as previsións de MeteoGalicia, estes chuvascos poderán ser de neve, especialmente na provincia de Lugo, en cotas por riba dos 1200 metros pola tarde baixando a 1000 metros cara á madrugada do sábado. As temperaturas continuarán en descenso, con sensación térmica de frío ocasionada polo vento que soprará moderado de compoñente norte, con intervalos fortes en zonas do litoral norte a partir do mediodía.

Por cidades, as temperaturas variarán entre os 16 grados de máxima de Pontevedra e Vigo aos 5 de mínima de Ourense.

O sábado entrará un embolsamento de aire frío nas capas altas da atmosfera que pola mañá aportará moita inestabilidade en xeral e chuvascos máis significativos no nordés do país, que serán de neve por riba dos 1000 metros de altitude. Xa pola tarde abriranse grandes claros, quedando os ceos pouco anubrados en xeral aínda que pola noite aparecerán nubes polo terzo norte.

 

También te puede interesar