RGPD - Cookies
Vigo al día

O Ballet Nacional de Rusia trae a Vigo ‘O lago dos cisnes’

A Fundación Novacaixagalicia presentou este mércores aos medios de comunicación o espectáculo ‘O lago dos cisnes’, de Tchaikovsky, interpretado polo ballet de Radchenko: o Russian National Ballet.

A actuación terá lugar os días 3 e 4 de decembro en Vigo e Pontevedra, respectivamente. En Vigo representarase no centro cultural e na cidade pontevedresa no auditorio do Centro Social da Fundación Novacaixagalicia, situado na rúa Augusto González Besada.

As localidades para o espectáculo xa están á venda nas canles habituais: a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8 da mañá a 10 da noite.

 

 

También te puede interesar