Vigo al minuto

Centos de personas maniféstanse en Vigo contra a Reforma das Pensións

Centos de personas sairon á rúa en Vigo, este xoves, convocadas pola CIG, contra a nova reforma das pensións na que que, segundo denunciaron os responsables da central, “empobrece ás galegas e galegos porque temos os salarios máis baixos, máis precariedade no traballo e menos anos cotizados”.

A CIG salientou que non é un problema de gasto, senón de ingresos e lembrou que “aínda habendo no Estado 5.300.000 desempregados, a caixa das pensións tivo un resultado positivo de 2.500 millóns no ano 2011 e que o ano pasado o Goberno modificou o imposto de sociedades para as grandes empresas que deixaron de pagar a Facenda 5.800 millóns”.

Estas mesmas empresas – indicaron os representantes do sindicato nacionalista -son as que, segundo a Inspección de Facenda, son responsábeis do 90% da fraude fiscal ao Estado, máis de 74.000 millóns de euros que desvían a paraísos fiscais.

 

También te puede interesar