RGPD - Cookies
Vigo al día

O PP denuncia que o alcalde incumpriu ducias de mocións aprobadas polo Pleno

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello asegurou este mércores que – dende xullo de 2011- o alcalde non cumpriu con 66 mocións aprobadas no Pleno, entre elas, propostas relacionadas coa fiscalidade, cos recibos de servizos municipais, investimentos, melloras ambientais, plans culturais ou sociais.

Segundo o popular Antionio Bernárdez, a estas mocións hai que sumar as presentadas polo BNG, moitas das cales foron aprobadas e tampouco foron executadas algo que, a xuizo do edil do PP “é característico de Abel Caballero, un alcalde que despreza non ao PP, senón os vigueses, dos que seri á cara».

O concelleiro popular culpou directamente ao rexidor de xerar conflictividade na cidade, desfacer o movimiento vecinal, chamar “delincuentes” aos empresarios, acabar coas relación cos concellos da mancomunidade e impedir os investimentos doutras administración en Vigo- en referencia á Xunta e á Deputación de Pontevedra-.

 

También te puede interesar