RGPD - Cookies
Vigo al día

Manifestación da CIG, este xoves, contra a Reforma das Pensións

A CIG convioca para este xoves, día 14, en todas as comarcas (en Vigo, 8 da tarde en Vía Norte) de Galicia, manifestacións , contra a nova reforma das pensións na que quere denunciar que o 70% de pensionistas en Galicia cobra menos de 1.000 € ao mes e alerta de que son estas pensións as que están salvando ás familias. Advirte ademais de que “con esta reforma se empobrece ás galegas e galegos porque temos os salarios máis baixos, máis precariedade no traballo e menos anos cotizados”.

A CIG pon en cuestión o informe do comité de “expertos” no que se basea a reforma, porque das 12 persoas escollidas polo PP para formar parte do mesmo, 9 representan a bancos e aseguradoras, interesadas en promover as pensións privadas para o seu único beneficio.

Por iso cuestiona que a primeira proposta deste comité sexa precisamente a modificación da lei que actualizaba as pensións cada ano, como mínimo, ao nivel do custo da vida o cal, salienta,  xa con esa lei se perdía poder adquisitivo, porque os prezos dos produtos de maior gasto nas economías familiares -luz, auga ou alimentos- subían moi por riba deste índice. Agora o PP aplicará de suba nas pensións, cada ano, un 0,25%, polo que en relación ao IPC dos últimos 5 anos unha pensión de 1.000 €/mes perdería 95 € cada mes e 1.330 € no ano.

CIG denuncia que non é un problema de gasto, senón de ingresos e lembra que aínda habendo no Estado 5.300.000 desempregados, a caixa das pensións tivo un resultado positivo de 2.500 millóns no ano 2011 e que o ano pasado o goberno modificou o imposto de sociedades para as grandes empresas que deixaron de pagar a Facenda 5.800 millóns.

Estas mesmas empresas son as que segundo a Inspección de Facenda son responsábeis do 90% da fraude fiscal ao Estado, máis de 74.000 millóns de euros que desvían a paraísos fiscais como Suíza, Mónaco ou Andorra.

A CIG chama tamén a atención sobre o feito de que mentres as pensións se financian con cotizacións, o resto do gasto público, como o gasto militar de 15.000 millóns anuais, ou o financiamento da igrexa católica ou da Casa Real páganse cos orzamentos do Estado.

 

También te puede interesar