RGPD - Cookies
Galicia

A conselleira do Mar enmenda á directora do Intecmar e di que a marea vermella sí causou perdas ao sector pesqueiro

A conselleira do Mar asegurou este mércores no Pleno do Parlamento de Galicia, en relación coa marea vermella que afecta ás rías galegas que «a maior parte do molusco que estaba en proceso de comercialización non se perdeu xa que puido ser devolto vivo ao mar», pero, engadiu, «isto non quere dicir que, a pesar de que xeralmente os episodios de toxina non incorren en causa de perda económica para os produtores, neste caso si hai perdas de mercadoría por parte dalgúns mariscadores, bateeiros e comercializadores nas primeiras horas».

Rosa Quintana respondeu así ás preguntas dos deputados Juan Fajardo, de Alternativa Galega de Esquerda, e José Manuel Balseiro, do Partido Popular e, de paso, contradeciu á directora do Intecmar, Covadonga Salgado quen, a semana pasada, e tamén no Parlamento, aseguróu que non había perda algunha por mor do episodio tóxico que mantén pechados, dende hai algo máis dun mes, a maior parte dos polígonos bateeiros e varios bancos marisqueros de Galicia.

Quintana informou de que xa mantivera “varias reunións cos afectados» e enumerou produtores, representantes de cocedervos, de depuradoras e conserveros, xuntanzas que tiveron coma finalidade «avaliar os danos que aínda non foron cuantificados».

 

También te puede interesar