RGPD - Cookies
Vigo al día

Acto Cultural contra a ‘Lei Wert’, este mércores, en Vigo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino convoca este mércores, día 13, diferentes actos contra a LOMCE, a popularmente coñecida coma ‘Lei Wert’, que se realizarán en oito localidades distintas. Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Carballo e Vigo (MARCO, 8 da tarde, coa participación de Ferreñudos do Morrazo Ghaiteiros Subwertsivos, Tino Baz, Marta Quintana, Laura Quintillán e Alumnado e profesorado AntiLOMCE).

Con estes actos, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público retoma as mobilizacións contra a LOMCE despois da folga do 24 de outubro con actos que “poñen o acento, ademáis, en que a oposición a LOMCE non nace unicamente do profesorado, alumnado e familias, senón que é a sociedade no seu conxunto a que rexeita a lei”.

Os actos do 13 de novembro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, nos que se esixira a retirada da lei, terán continuidade proximamente cunha entrega de sinaturas contra a LOMCE de persoas vinculadas ao mundo da cultura, que están a dar o seu apoio ao manifesto “Cultura contra a LOMCE”.

 

También te puede interesar