Galicia

Un morto e 76 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 76 persoas debido a 52 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas. Segundo a Central de Coordinación recibiu 66 chamadas entre as 3 da tarde do venres, día 8, e as 12 da noite deste luns , o maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo, con 21 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 60. En concreto, as ambulancias medicalizadas realizaron tres saídas; as asistenciais, 54; e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en tres sinistros.

En 54 casos os feridos foron levados aos centros hospitalarios correspondentes, en nove ocasións a centros de primaria e doce recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do accidente.

A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50% en cada caso, en canto ás idades dos feridos un 50%dos atendidos tiña entre os 15 e 34 anos.

A provincia de Pontevedra, con 25 sinistros, foi a provincia que rexistrou o maior número de accidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 22; Ourense, con tres; e Lugo, dúas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.